sábado, 22 de agosto de 2009

Os alcumes onte e hoxe:

Os alcumes non son unha manifestación exclusiva da cultura galega. Atopámolos no mundo romano, no que se empregaban as fórmulas “vello” e “mozo” para diferenciar a dúas persoas, moitas veces pai e fillo, que levaban o mesmo nome[1]; na Idade Media (Pedro Madruga, Pepa a Loba...), no Renacimento (Lorenzo O Magnífico), e incluso en épocas máis recentes (Pepe Botella, José María El Tempranillo, La Chata, Billy O Neno, La Collares...)
A historia ofrécenos moitos exemplos de personaxes ciuo nome aparece sempre acompañado dun sobrenome que fai referencia a súa orixe (Filipo de Macedonia, Escipión O Africano, A Doncela de Orleáns...), a algunha caraterística da súa persoalidade (Pedro O Cruel, Carlos II O Enfeitizado...), pero sen dúvida é o mundo da tauromaquia o que nos ofrece unha meirande cantidade de alcumes, de xeito que o nome dos matadores de touros e incluso dos picadores e banderilleiros vai case inevitablemente unido a un apodo: El Gallo (Rafael Gómez), Joselito (José Miguel Arroyo), El Chispa (José Martínez, toureiro cómico), El Cordobés (Manuel Benítez), Manolete (Manuel Rodríguez), Paquiro (Francisco Montes), Cúchares (Francisco Arjona), Frascuelo (Salvador Sánchez), Lagartijo (Rafael Molina Sánchez), Guerrita (Rafael Guerra), Pepe-Hillo (José Delgado), El Chiclanero, El Tato, El Gordito, Bombita, Machaquito, Paquirri (Francisco Rivera), El Niño de la Capea, El Litri...
Outro tanto acontece no mundo das artes escénicas ou musicais: A Tirana, A Chacona, A Divina (Greta Garbo), Charlot (Charles Chaplin), Cantinflas (Mario Moreno), A Faraona (Lolas Flores), El Ruiseñor de Avignon (Mireille Mathieu), El Cuerpo (Raquel Welch), La Voz (Frank Sinatra), El Gordo y el Flaco (Stand Laurent y Olivier Hardy), El Rey (Elvis Presley), Morritos (Mikel Jagger)... E moi especialmente no mundo do flamenco...
A pesares da tendencia actual a prescindir dos alcumes, estes xurden espontaneamente naqueles grupos nos que conviven a diario moitas persoas simplemente por necesidade de diferenciar ós que levan o mesmo nome ou para obviar a dificultade que teñen algúns para recorda-los antropónimos. E así mentres os nosos paisanos están perdendo o costume de emprega-los alcumes tradicionais como fórmula para identificar ós seus veciños, os medios de comunicación crean alcumes para algúns personaxes públicos, especialmente para os artistas, deportistas, delincuentes, terroristas, políticos e personaxes públicos en xeral: El Brujo (Rafael Alvarez), El Buitre (Emilio Bultragueño), El Pirata (Marco Pantani), El Piojo (Claudio López), El Moro Montoya, Danny el Rojo (Daniel Conbendit, o lider do maio do 68 francés), El Cojo Manteca, lider estudiantil; La China (Isabel Presley), Antoñita La Fantástica (Ana Obregón), El Gran Capitán (Raúl González), El Vaquilla, El Lute, Paquirrín, etc. Estes alcumes seguen as pautas de creación tradicionais, pois teñen que ver coa orixe, con resgos físicos, personalidade, comportamento, etc.
[1] Este costume pasou ó mundo anglosaxón coas formas “senior” e “junior”.

2 comentarios:

  1. Ola María, atopei un pequeno erro neste artigo: os nomes de "El gordo y el flaco" son: Stan Laurel e Oliver Hardy

    ResponderEliminar
  2. E outro: "Morritos" chámase Mick Jagger

    ResponderEliminar