Algúns alcumes, non somente os de carácter familiar, senón os persoais, sobre todo se a súa orixe estaba vencellada a algún oficio, profesión, ou ó lugar de orixe, eran transmitidos ás xeracións seguintes. Outros, en cambio, desaparecían coa morte dos interesados.
“O do Casal era un tío de meu avó, pero aínda me coñecen por ese nome”. (J.M.V., Ames, A Coruña).
Algúns pola súa gracia ou sonoridade, pola súa orixe ou pola personalidade de quen os levou ou pola continuidade familiar, como acontece con O Cabalo, O Hinchavacas, A Arrabeada, etc. perduran durante moitos anos na memoria popular aínda despois da desaparición do suxeto, axudando a manter viva na memoria do pobo a figura de quen os levou ou de quen os soportaba ó seu pesar.
Aínda hoxe nas esquelas de defunción que publican os diarios os atopamos coa finalidade de identificar ou completa-la identificación do difunto.
lunes, 17 de agosto de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario