miércoles, 12 de agosto de 2009

A reacción popular contra os alcumes:

A actitude dos individuos frente ós alcumes varia duns a outros. Algúns enoxábanse se “lle chamaban”, outros presentábanse eles mesmos polo apodo.
A finais dos anos 50 e principios dos 60, primeiro nas escolas e logo noutros ámbitos prodúcese unha reacción popular contra os alcumes. Esta reacción estaba tanto xustificada por motivos prácticos, como motivada polos sentimentos daqueles que na súa infancia sofriran pola súa causa.
“Cuando llegué a mi primera escuela, los padres de los niños me encargaron mucho que no les pusiera motes a los niños como hacían otras maestras anteriores, porque después les ‘quedaba’”. (J.M.S.M., Santiago de Compostela, A Coruña).
“Os rapases sabíamos que a algunha persoa lle chamaban e como sabiamos que lle parecía mal, cando a viamos vir, aghachabámonos detrás dun carballo e chamabámoslle sen que nos vira porque nosos pais berrábannos”. (C.M.L., Vedra, A Coruña).
“A algún profesor tamén se lle poñía alcume, pero con cuidado de que non se enterara porque senón castigábante”. (Varios informantes).
“Non a todo o mundo lle paresía mal, añghúns estaban orghullosos do seu alcume e usábano eles mesmos”. (M.C., Santiago de Compostela, A Coruña).
Nembergantes, nen os intentos dos mestres, nen dos cregos, da Garda Civil e dos funcionarios, conseguiron acabar cos alcumes porque, anque de xeito máis discreto, o pobo seguía empregándoos, de maneira que, ó noso entender, é entón cando adquiren ese sentido pexorativo xeneralizado que lle dan hoxe os nosos informantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario