viernes, 28 de agosto de 2009

A repercusión social dos alcumes:

A diferencia do que acontecía con “A Tirana” ou “A Chacona”, tomados de vocablos xa existentes, outras veces, os alcumes dan lugar á formación de sustantivos, como acontece cos termos “charlotada”, que se aplica a calquera cousa cómica[1] ou “o arte de cúchares” (a tauromaquia).
En tódalas localidades galegas atopamos establecementos comerciais, principalmente no sector hosteleiro, pero tamén pequenos negocios que tomaron os seus nomes dos alcumes dos fundadores ou primeiros propietarios.
[1] E en particular ás novilladas burlescas.

Alcumes do Concello de Santiago de Compostela relacionados cos animais

A Anduriña
A Cabra
A Cabrita
A Cabuxa
A Faneca
A Fanequeira
A Lebre
A Ovella
A Pichona
A Piolla
A Piollenta
A Pita
A Pita Vella
A Porcacaheira
A Pulgha
A Ra
A Rata
A Sorrita
A Troita
A Zancuda
As Grilas
As Palomitas
Cabuxo
Das Palomas. Dáballes de comer.
Do Pito
Mosquito
O Avestrús
O Cabalo
O Cuco
O Escarabello
O Ghaivota
O Ghaliña
O Ghavilán
O Lombriga
O Médico dos Cucos
O Mosquito
O Piollo
O Piollento
O Pito
O Saltón
O Sapo
O Xílgharo
Perrito Faldero

domingo, 23 de agosto de 2009

Alcumes do Concello de O Pino

A Paspalleta
As Marulas
As Pinavetas. Lardeiros
As Xacobas
Castromil. Tivera unha moza moito tempo e ía ver tódolos días á mesma hora
Felpete
Ghafiñas
Manolo Bombo
Manolo o Gordo
Mingote
O Barbas
O Chapeletas. Non tiña moito sentido e vendía a mesma cousa a varias persoas.
O Conainas
O Ghuapo
O Larpeiro
O Línea (tamén coñecido por Castromil)
O Pito
O Virollo
O Xudas. Porque xuraba moito
Os de Mareque
Os do Coxo
Os do Virollo
Os Mula

sábado, 22 de agosto de 2009

Os alcumes onte e hoxe:

Os alcumes non son unha manifestación exclusiva da cultura galega. Atopámolos no mundo romano, no que se empregaban as fórmulas “vello” e “mozo” para diferenciar a dúas persoas, moitas veces pai e fillo, que levaban o mesmo nome[1]; na Idade Media (Pedro Madruga, Pepa a Loba...), no Renacimento (Lorenzo O Magnífico), e incluso en épocas máis recentes (Pepe Botella, José María El Tempranillo, La Chata, Billy O Neno, La Collares...)
A historia ofrécenos moitos exemplos de personaxes ciuo nome aparece sempre acompañado dun sobrenome que fai referencia a súa orixe (Filipo de Macedonia, Escipión O Africano, A Doncela de Orleáns...), a algunha caraterística da súa persoalidade (Pedro O Cruel, Carlos II O Enfeitizado...), pero sen dúvida é o mundo da tauromaquia o que nos ofrece unha meirande cantidade de alcumes, de xeito que o nome dos matadores de touros e incluso dos picadores e banderilleiros vai case inevitablemente unido a un apodo: El Gallo (Rafael Gómez), Joselito (José Miguel Arroyo), El Chispa (José Martínez, toureiro cómico), El Cordobés (Manuel Benítez), Manolete (Manuel Rodríguez), Paquiro (Francisco Montes), Cúchares (Francisco Arjona), Frascuelo (Salvador Sánchez), Lagartijo (Rafael Molina Sánchez), Guerrita (Rafael Guerra), Pepe-Hillo (José Delgado), El Chiclanero, El Tato, El Gordito, Bombita, Machaquito, Paquirri (Francisco Rivera), El Niño de la Capea, El Litri...
Outro tanto acontece no mundo das artes escénicas ou musicais: A Tirana, A Chacona, A Divina (Greta Garbo), Charlot (Charles Chaplin), Cantinflas (Mario Moreno), A Faraona (Lolas Flores), El Ruiseñor de Avignon (Mireille Mathieu), El Cuerpo (Raquel Welch), La Voz (Frank Sinatra), El Gordo y el Flaco (Stand Laurent y Olivier Hardy), El Rey (Elvis Presley), Morritos (Mikel Jagger)... E moi especialmente no mundo do flamenco...
A pesares da tendencia actual a prescindir dos alcumes, estes xurden espontaneamente naqueles grupos nos que conviven a diario moitas persoas simplemente por necesidade de diferenciar ós que levan o mesmo nome ou para obviar a dificultade que teñen algúns para recorda-los antropónimos. E así mentres os nosos paisanos están perdendo o costume de emprega-los alcumes tradicionais como fórmula para identificar ós seus veciños, os medios de comunicación crean alcumes para algúns personaxes públicos, especialmente para os artistas, deportistas, delincuentes, terroristas, políticos e personaxes públicos en xeral: El Brujo (Rafael Alvarez), El Buitre (Emilio Bultragueño), El Pirata (Marco Pantani), El Piojo (Claudio López), El Moro Montoya, Danny el Rojo (Daniel Conbendit, o lider do maio do 68 francés), El Cojo Manteca, lider estudiantil; La China (Isabel Presley), Antoñita La Fantástica (Ana Obregón), El Gran Capitán (Raúl González), El Vaquilla, El Lute, Paquirrín, etc. Estes alcumes seguen as pautas de creación tradicionais, pois teñen que ver coa orixe, con resgos físicos, personalidade, comportamento, etc.
[1] Este costume pasou ó mundo anglosaxón coas formas “senior” e “junior”.

viernes, 21 de agosto de 2009

Alcumes do Concello de Santiago relacionados con establecementos comerciais

A Carabela Vella
As Carabelas
As da Hortensia
Carmiñas das Tres Bes
Carmiña Novedades. Tiña un establecemento que se chamaba "Novedades Carmiña"
Da Carrilana
Da Churrasquita
Da Mallorquina
Da Montañesa
Da Mora
Da Perla
Do Dubrés
Do Ferrol
Do Globo
Do Manco
Do Pataca
Do Victoria
Gonzalito
O Morcego
O Mosquito
O Parrulo
Os Carabeles
Os Capitolos
Os de Bopomán
Os do Victoria
Pepe Caralladas
Pepe do Rhin

jueves, 20 de agosto de 2009

Alcumes do Concello de Ordes

A Coña de Fusado
A das Gemelas
A Ghatañeira
A Gorita
A Habanera de Guindibón
A Maghancha
A Parrola
A Picha de Mercurín
A Picona
A Rúa de Pouca Cancha Abaixo Apreta e Arriba Escarrancha
A Troiteira
A Vidala
As Carrrilas
As Carrilas de Rebordelos
As Ghambitas de Darefe
As Gemelas
As Pepas de Xende
As Pitas de Guindibón
Culepas
Da Tiopeira
Do Picho
Do Pombal
José de Golán
Josefa de Culepas de Lourán. Buscás
Montero
O Artilleiro
O Bidueiro. Mañufe
O Cabalo
O Caghalero
O Campanico
O Campelo de Merelle
O Carabullas de Castiñeira
O Cego de Gosende
O Compoñedor da Tiopeira
O Cubano
O Entendido
O Furón
O Gorrión
O Grilo. Por pequeno
O Grilo de Cestaños
O Lobo da Argola
O Longo
O Manciñeiro
O Manghancho
O Manteiga da Fraga
O Maruxo
O Mecánico
O Meigo
O Moghena
O Muxico de Lesta
O Pacholetas
O Panteón
O Peghueiro
O Picho de Merelle. Os Crouchos
O Rada. Porque era tan bo mecánico coma o do avión Plus Ultra.
O Saúco
O Tabao de Santa Crus
O Taburras
O Torrixo de Ghosende
O Tovía
O Vacalloas. Porque era feireante de vacas alleas.
O Xirómano
Os de Campo maior
Os Chusos de Pardiñas
Os do Azul
Os do Recreo
Os Roibal
Pepe de Betanzos
Tornancha da Fraga

lunes, 17 de agosto de 2009

Alcumes do Concello de Santiago relacionados co lugar de orixe ou da casa


A Alemana
A Andalusa
A Caseteira
A Casillera
A Cubana
A Cubanita
A Ferrolana
A Portughuesa
A Venesuelana
As Camariñanas
As Cubanitas
As Peruanas
Caruso, O Vinculeiro de Aríns. Tiña sete cabalos e un hórreo.
Da Casilla
Da Estación
De Debaixo do Arco
Do Andalús
Do Callejón
Do Número Tres
Do Pino
Do Trintesete
Fina do Castrón
Manolocasti
Manolo da Revolta
O Americano
O Arxentino
O Asturiano
O Brasilero
O Casillero
O Chileno
O Habanero
O Palasiero
O Portughués
O Venesuelano
O Vinculeiro. Fora animador dunha orquestra e tiña un coñecido estudio de fotografía
Os da Ponte de Pau
Os do Sixto
Os Vinculeiros. Conxo
Rosa La Catalana

Alcumes do Concello de Val do Dubra

A Chaparrera
A Pajarera
A Sagrada Familia. Pai, nai e fillo que tocaban distintos instrumentos musicais.
A Venesuelana
As Gemelas
Cherma
Do Sombreiro
Manolo O Ferreiro. Portomouro
Manuel de Rial
Mesejo de Rial
O Cascudo
O de Benigno. Niveiro
O EmigranteO Inglés
O Lilailo
O Maestro
O Manoleiro. Porque traballa coma un home. Bembibre
O Polo Norte
O Quinto de Rial
O Retrato da Caixa dos Mistos
O Sapateiro
O Tatexo
O Venesuelano
Os de Varela. Bembibre
Palillos
Pancho. Portomouro
Pepe el Caseto. Bembibre
Pose de Rial
Pumar de Buxán
Puritos
Puros
Romero de Rial

A pervivencia dos alcumes:

Algúns alcumes, non somente os de carácter familiar, senón os persoais, sobre todo se a súa orixe estaba vencellada a algún oficio, profesión, ou ó lugar de orixe, eran transmitidos ás xeracións seguintes. Outros, en cambio, desaparecían coa morte dos interesados.
“O do Casal era un tío de meu avó, pero aínda me coñecen por ese nome”. (J.M.V., Ames, A Coruña).
Algúns pola súa gracia ou sonoridade, pola súa orixe ou pola personalidade de quen os levou ou pola continuidade familiar, como acontece con O Cabalo, O Hinchavacas, A Arrabeada, etc. perduran durante moitos anos na memoria popular aínda despois da desaparición do suxeto, axudando a manter viva na memoria do pobo a figura de quen os levou ou de quen os soportaba ó seu pesar.
Aínda hoxe nas esquelas de defunción que publican os diarios os atopamos coa finalidade de identificar ou completa-la identificación do difunto.

domingo, 16 de agosto de 2009

Alcumes do Concello de Santiago relacionados con antropónimos ou apelidos

A Camila
A Girona
A Mourulla
A Rosiña
A Xaquina
A Vituca
Antolín de Manolito
Antonio de Elisa
As Abdulias
As Auroras. Nai, filla e neta co mesmo nome e vivindo na mesma casa.
As Carracedas
As Conchitas
As Corredoiras
As Cucas
As Fandiñas
As Guillermas
As Hortensias
As Labradoras
As Muxicas
As Pacuchas
As Paquitas
As Pardalas
As Piconas
As Pitisas
As Rilas
As Rositas
As Titas
As Vidalas
As Virtudes
Davaristo
De Fernando
De Lucio
De Matías
De Neves
De Novio de Ghamás
De Ofelia
De Peregrina
De Pitusa
De Roberto
De Santasmarinas
De Xaquín
De Venansio
Do Casal
Do Rilo
Monchita. É un home.
O Allo. Do apelido; el mesmo dicía: "Eu non son o allo, que son o Alló, que levo acento no ó". Popular personaxe compostelano.
O Muxico
O Neto
O Picón
O Turi
Os Bartolos
Os Caetanos
Os Carolos
Os de Andrea
Os de Felipe
Os de Manolito
Os de Pilara
Os de Pilarita
Os de Ventura
Os de Victoria
Os Marcotes
Os Picóns
Os Sistos
Rosito

jueves, 13 de agosto de 2009

Alcumes do Concello de Teo

A Animadora
A Cabuxa
A Coxa
A Ginia. Calo
A Leiteira
A Segha
As Loureiras
As Rialas
Boltasara
Caneliñas
Da Maestra
Manolo da Coxa
Manolo o Barbeiro. Luou
Moncho o Revisor
O Adelino
O Armadansas
O Cabecilla
O Cañeiro
O Cascalleiro
O do Compostelano
O Fillo do Rico
O Foghuetes
O Galano
O Ghorrión
O Petelo
O Rico
O Semalleiro. Calo
O Salido
O Trompetas
O Vinculeiro
Os da Rama
Os Xemeos
Pepa a Buxana. Casalonga
Pepa de Ana
Piernitas
Saxo
Tarazona
Troncha

miércoles, 12 de agosto de 2009

A reacción popular contra os alcumes:

A actitude dos individuos frente ós alcumes varia duns a outros. Algúns enoxábanse se “lle chamaban”, outros presentábanse eles mesmos polo apodo.
A finais dos anos 50 e principios dos 60, primeiro nas escolas e logo noutros ámbitos prodúcese unha reacción popular contra os alcumes. Esta reacción estaba tanto xustificada por motivos prácticos, como motivada polos sentimentos daqueles que na súa infancia sofriran pola súa causa.
“Cuando llegué a mi primera escuela, los padres de los niños me encargaron mucho que no les pusiera motes a los niños como hacían otras maestras anteriores, porque después les ‘quedaba’”. (J.M.S.M., Santiago de Compostela, A Coruña).
“Os rapases sabíamos que a algunha persoa lle chamaban e como sabiamos que lle parecía mal, cando a viamos vir, aghachabámonos detrás dun carballo e chamabámoslle sen que nos vira porque nosos pais berrábannos”. (C.M.L., Vedra, A Coruña).
“A algún profesor tamén se lle poñía alcume, pero con cuidado de que non se enterara porque senón castigábante”. (Varios informantes).
“Non a todo o mundo lle paresía mal, añghúns estaban orghullosos do seu alcume e usábano eles mesmos”. (M.C., Santiago de Compostela, A Coruña).
Nembergantes, nen os intentos dos mestres, nen dos cregos, da Garda Civil e dos funcionarios, conseguiron acabar cos alcumes porque, anque de xeito máis discreto, o pobo seguía empregándoos, de maneira que, ó noso entender, é entón cando adquiren ese sentido pexorativo xeneralizado que lle dan hoxe os nosos informantes.

Alcumes do Concello de Santiago relacionados con resgos da personalidade

A Arrabeada
A Barallocas
A Condesa de Romanones
A Corna e A Cornecha. Son nai e filla.
A Malahostia
A Mandamasa
A Mandarica
A Marquesa
A Mixiriqueira
A Moinanta
A Monxaboba
A Moscamorta
A Ovella
A Pancha
A Raposa
As Raposeiras
Barrigadeovella
Broeiro
Carpanta
Geranio
Lambreta
Mixiricas
Nonllecolleopannocorpo
O Alcornoque
O Carocho
O Champletas
O Conainas
O Cornas
O Cucosido
O Fervello
O Lebre
O Lobo
O Manso
O Moscamorta
O Pancho
O Pamplinas
O Picafollas
O Pinturero
O Sarxentomarino
O Tranquilo
O Xanciño
O Xandelas
O Vivalavirgen
Os Chiripitiflaúticos
Ovellapreñada
Pablobicho
Pájaro Loco
Pinturillas
Raposeiro
Santamónica

Alcumes do Concello de Brión

A Chepiña
A Conacha
A Conexa
A Faneca
A Mouca
A Neghrita
A Patacoxa
A Roiba
A Sarabela
A Sarapeta
As Cubanas
As Felisas
Cadeliñas
Da Viúda
Dalahora. Emprega moito esta expresión.
Do Civil
O Barbas
O Chamiso
O Maradona
Os Picóns. Do apelido.
Pepedasbarbas

lunes, 10 de agosto de 2009

As fontes de inspiración:


As fontes nas que se inspiran os alcumes son moi variadas: os oficios, profesións ou labores, o lugar de orixe ou da casa, a emigración, os resgos ou taras físicas, as cualidades e os defectos persoais, as anécdotas vividas... Algúns resultan caprichosos, outros atopámolos aplicados a distintas persoas na mesma ou noutra localidade, pero por distinto motivo.
A estas fontes de inspiración que poderiamos denominar tradicionais, debemos engadir outras xurdidas máis recentemente, pois, primeiro o cine e máis tarde a televisión orixinan novos alcumes que pouco a pouco se van incorporando ó acervo popular (A Pelos, Chicholina, Papá Pitufo, Toro Sentado, Espinete, Piolín, Felipito Sacapuntas, Pitufina...).
Aínda que máis raros, non podemos esquen tampouco os alcumes de orixe culta (Rinaldi, Pipino el Breve, Cyrano de Bergerac[1]...)
[1] O seu emprego era anterior á versión cinematográfica da obra de Edmond Rostand.

Alcumes do Concello de Santiago relacionados co xeito de falar

A Campana. Fala mal e chilla.
A Chicharra
A Faladora
A Ghaitaghrileira
A Ghaitanaromería
A Larapeta
A Martabela
A Pupila. Dicía "Te tengo en mi pupila".
A Roufeña
A Sacamuelas
A Tarabela
Con A
Da Muda
Falabarato
Falapouco
Linghoretas
Lingoadetrapo
Matracolas
O Altavós
O Correo Gallego. Góstalle andar con chismes.
O Ghomitas/O Ghomitero. Dicíache "Le pongho unha ghomita"
O Mudo
O Pamplinero
Os Mudos. Son matrimonio.
Papasnaboca
Raulitoooooo. Cando se enfadaba chamaba así a berros polo fillo.
Zopitaz

sábado, 8 de agosto de 2009

Alcumes do Concello de Ames

A Calvela
A Choromica
A Crecha
A Fandiña
A Fina
A Flaca
A Manivela
A Meiga
A Morocha
A Queixosa
A Retaca
A Serodia
A Taxista
A Tiñosa
A Trosca
As Alvelas. Polo apelido.
As Grecas
Cheirona
Fecha
Musculitos
O Americano
O Arcanxo San Miguel
O Caladiño
O Cojonudo
O do Catoira
O Forzudo
O Kilómetro
O Labrador
O Lilailo
O Pelado
O Rengo
O Troiteiro
O Italiano
O Xandelas
O Xogantín
O Vasco. Ortoño
O Viaxante
Os de Bouza
Os do Cruceiro
Outravacanomillo
Ovellapreñada
Peitodelobo
Pelouriño
Totó
Vareliña

A funcionalidade dos alcumes:

Ás veces os alcumes xurden como fórmulas mnemotécnicas, desprovistos de intención pexorativa, tal como acontece cos relacionados cos oficios ou profesións, co lugar de orixe, con antropónimos familiares, etc. ou con algúns que xurden en fábricas, centros escolares, etc.
“Os nenos coñecíanse polo seu nome de pila, (diminutivo, nome familiar) seguido do nome do pai, na nai, da casa, etc. e non polos apelidos correspondentes”. (M.R.G., Ordes, A Coruña).
“(O uso dos alcumes) Era algo tan habitual do lugar donde vivía que a ninguén lle molestaba”. (C.M.L., Vedra, A Coruña).
A pesares da preponderancia do home en moitas manifestacións da vida rural galega, na transmisión e creación dos alcumes non existen compoñentes de xénero, pois os alcumes tanto afectan ós homes como ás mulleres, son creados ou empregados tanto por uns como por outros e o mesmo pasan do home á muller, da muller ó home, do pai ou da nai ós fillos e, incluso, dos fillos e fillas ós pais.
Se ben as persoas de certa idade de orixe rural son as máis propensas a emprega-los alcumes por formar parter este costume das pautas culturais aprendidas na infancia, nas vilas os máis novos crean tamén alcumes, de uso moitas veces restrinxido ó pequeno círculo no que xurden (centro de traballo, grupo de diversión, centro escolar, etc.).
O emprego xeralizado dos alcumes nunha localidade facía que ás veces os veciños descoñeceran os nomes legais dos outros e non poideran dar información sobre eles ou proporcionar as “pistas” facerlle chegar notificacións (carteiros, Garda Civil, cregos, etc.).
“Ás veses, o cregho aplicaba a misa por alghún difunto da parroquia, pero como todos se coñesían polo alcume, andaban despois preghuntando quen era. O mesmo pasaba cando lía as municións para os casamentos”. (C.M.L., Vedra, A Coruña).
Pola mesma razón aínda hoxe é frecuente atopar nas esquelas funerarias que publican os xornais o alcume debaixo do nome do suxeto para unha millor identificación do mesmo.
Tamén esta circunstancia daba lugar ás veces a feitos curiosos como o acontecido ó Premio Nobel portugués José Saramago, inscrito no rexistro deste xeito, sendo “Saramago” o alcume familiar e non o apelido legal que lle correspondería.

Alcumes do Concello de Santiago relacionados co aspecto físico



A Anduriña
A Ave. Por alto e delgado.
A Barbuda
A Barriguda
A Carrancholas
A Chepiña
A Colorada. Sar.
A Dentuda
A Faneca
A Fanequeira
A Feituca
A Fusiñeira
A Lomba
A Lombiña
A Masaroca
A Miñoca
A Moreneira
A Neta do Feo do Outeiro
A Pandorca
A Patacoxa

A Peitugueira
A Penderica. Coxea.
A Peneira
A Percha
A Rubia
A Rubia de Sar
A Virolla
As do Cegho
As Neghras
Bandullo
Berberecho
Bola de sebo
Boquita de Piñón
Cabitochulo
Carrancarrán
Do Coxo
Don Pepito Bola de Billar
Gharabansita
Gharabullo
Leone
Maruja A Pata
Manolo O Gordo
Manolo Rizos
O Bacalloas
O Barbas
O Barbilla
O Barrigas
O Berberecho
O Berberecheiro
O Berme
O Bolas. Por alto
O Bombilla
O Cabalo de Atila
O Chepas
O Da Coleta
O do Sombreiro
O Farangullas
O Feo do Outeiro. Tiña a cara picada da viruela.
O Manco
O Manghonillas. Por alto e delgado.
O Mazaroco
O Mazaroquiño
O Melenas
O Moreno
O Nécora. Tiña unha perna máis delgada que a outra a causa da poliomielite.
O Parrulo. Por gordo.
O Pata. Por coxo.
O Patas. Por alto.
O Pelado
O Perillas
O Pirulí
O Pistracas
O Rengo
O Retratodacaixadosmistos
O Roxo
O Sapo. Porque ten manchas na pel.
O Sapoconcho
O Varillas
Ollorrevirado
Orellas de burro
Os Gatiños. De escasa estatura.
Pernastortas
Pernatola. Por coxear.
Pesapouco
Petisuís
Piernitas
Poucachicha
Puño de Paraugas
Sopaso. Por andar encollido.
Vintenovetrinta. Coxeaba.
Zapatones

jueves, 6 de agosto de 2009

A diferencia entre os alcumes e os seudónimos:

Os seudónimos e as súas modalidades (heterónimos, ortónimos, nomes artísticos, etc.) son elexidos libremente polo interesado[1], aínda que ás veces adopten fórmulas propias dos alcumes, como acontece con Periquito el Aguador ou Groucho Marx, ámbolos dous empregados polo uruguaio Juan Carlos Onetti para firmar algúns dos seus escritos, ou Pasionaria adoptado por Dolores Ibarruri para firmar un artigo de prensa e que logo levaría durante toda a súa vida.
En troques, os alcumes sonlle postos polos demais, así referíndose ós alcumes dise “chámanlle”, “chamábanlle”, “puxéranlle”, “dicíanlle”, “coñecido por”...
Por outra banda, os seudónimos empregados polos escritores e xornalistas teñen como principal finalidade oculta-la identidade do suxeto, por razóns de sexo: George Sand (Amandine Aurore Lucile Dupin), Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber); debido a un pasado escuro: O. Henry (William Sydny Porter); para protexerse de posibles conflictos a causa do contido dos seus escritos: Juan Pérez de Montalbán (Mariano José de Larra), ou por calquera outra razón: Clarín (Leopoldo Alas), Azorín (José Martínez Ruíz), Mark Twain (Samuel Langhorne Clemens)...
Os nomes artísticos buscan a sonoridade, o impacto frente ó público, o exotismo, mentres que, os alcumes reafirman a identidade e diferencian ó suxeto con respecto ós outros.
No mundo artístico non sempre esta diferenciación está tan clara, pois atopamos alcumes que son empregados como nomes artísticos, p.e. La Niña de los Peines, La Niña de la Puebla, Camarón de la Isla, etc. e tamén atopamos casos nos que o alcume non é asumido como nome artístico, p.e. El niño de Linares (o cantante Raphael).
[1] Como caso curioso é preciso citar ó insigne poeta portugués Fernando Pessoa (1888-1935), quen non somentes firmou a súa obra cos nomes de Alvaro de Campos, Ricardo Reis, Alberto Caeiro, Frederico Reis, Alexander Search, Charles Search, Bernardo Soares, Vicente Guedes, Chevalier de Pas, Barão de Teive, António Mora, Raphael Baldaya, Charles Robert Anon, A.A. Crosse, Thomas Crosse, Jean Seul, Abílio Quaresma, Pero Botelho, C. Pacheco, Caesar Seek, doutor Nabos, Ferdinand Summan, Jacob Satan, Erasmus, Mister Dare, Kapp Montale...senón que creou personalidades para cada un deles. (Antonio Tabucci: “Pessoana mínima”, Impresa Nacional-Casa da Moeda, Lisboa, 1984).

Alcumes do Concello de Boqueixón

A Berberechiña
A Cascabela
A Cascuda
A Churrera
A Conacheira
A Falcona
A Faneca
A Farfantona
A Ferradora
A Flaca
A Jirafa
A Loba
A Matrona
A Nos
A Patacamenecha
A Rengha
A Repola
A Sapa
A Sebola
A Serodia
A Toupa
A Trenca
A Veterinaria
Ardeira
As Adulias
As Labradoras. Do apelido
As Pichelas. Do apelido.
Caghanomillo. Lestedo
Castro de Lamas
Charoles
Da Botica
Da Cartería
De Crespo
De Ferro
De Tucho
Do Cego da Picota
Do Périto. Sergude
Do Tejedor
Do Trenco
Faustino de Vilaboa. Gastrar
Manolo de Rozas
Manuel de Agosto. Lamas
O Ardilleiro
O Barrenas
O Capador
O Carniceiro
O Chaquetas
O Cheas
O Compoñedor
O Coxo
O Escarabello
O Dornas
O Lamas
O Nervioso. Camporrapado
O Panadeiro. Lamas
O Peixeiro
O Reloxero
O Saninsiño
O Tranquilo
O Xastre
Os Barros. Do apelido
Os de Baltasar
Os de Granxa
Os de Pacheco
Os de Pampín
Os Poceiros
Pequenogranhome

Alcumes do Concello de Santiago relacionados con oficios e profesións


A Canteira
A Carniceira
A Cartuxeira. Botaba as cartas.
A Casqueira.
A Castañeta. Vendía pescado
A Colchonera
A Compoñedora. Santa María de Sar.
A do Bacallao
A do Sapateiro. Marrozos
A Florista
A Mandadeira
A Matona. Era carniceira.
A Monaghuilla
A Monxa. Estivera de nova nun convento.
A Mucama
A Muiñeira
A Pantalonera
A Sacristana da AngustiaA Sapateira
A Taquillera
A Xastra. Era muller dun xastre.
A Xornaleira
As Carroucheiras
As Cregas
As Da Carrilana
As da Lavadura
As da Maestra
As Do Sereno
As Maestras. Son irmás.
As Polechas
As Queixeiras. Villestro
As Rosquilleiras
As Taquilleras
As Tripeiras
As Xabroneiras. Producían xabrón
Bandejitas
Da Barbería
Da Funeraria
Da Lechería
Da Verdura
Daniel das Cabras. Villestro
Daniel El Churrero
Do Barbeiro
Do Burro. Tiñan un burro de posto.
Do Canteiro
Do Carboeiro
Do Carpinteiro
Do Carteiro
Do Estanco

Do Ferreiro
Do Forno
Do Tintorero
Do Xastre
Do Veterinario
Do Zapateiro
El Cocinero. Villestro
Emilio O Limpia
Ferrovello
La Molinera
Lola A Rosquilleira
Lurdes A Poleira
Manola do Cura

Manolo do Capitol
Manolo O Sacristán
Moncho da Farmacia
Moncho o Ateese
Moncho O Barbeiro
Pepe Do Banco
Pepe Larpeiradas
O Aceitunero

O Acordionista. Era afeizoado.
O Arrancapinos
O Bailarín
O Barquillero
O Butaneiro
O Cabreiro. Ía polos barrios cun rebaño de cabras uns días antes das festas para vendelas.
O Camisero
O Capataz
O Caramelero
O Carboeiro
O Carceleiro
O Carteiro do Hórreo
O Castañeiro
O Churrero
O Ciclista
O Colchonero
O Conselleiro. Traballa de ordenanza.
O Entendido. Villestro
O Enterrador
O Fabriqueiro
O Feireante
O Ferreiro
O Ferruxe. Era linterneiro.
O Fimsa. Traballa nesta empresa.
O Laghoeiro de Santa Lucía
O Laghoeiro de Sar
O Linterneiro
O Maletero
O Manillas
O Mantequero
O Maquinista
O Mariñeiro. Andaba embarcado.
O Marmolista
O Maxistral da Habana
O Meigo
O Monaghuillo
O Representante
O Retratista
O Sardiñeiro
O Sereno
O Serralleiro
O Taxista. Sar
O Tratante
O Vaqueiro
O Xastre

O Xornaleiro
Os Carniceiros. Eran varios irmáns da mesma profesión.
Os da Leña. Vendíana.
Os da Carniceira
O do Tecedeiro
Os Ferreiros da Costa

Os Plateiros
Os Vaqueiros de Santa Lucía
Pepe do Xastre
Petapouco. Era zapateiro
Platanita
Platanito
Pura do Forno
Pura dos Queixos
Xan das Vacas. Villestro
Xan das Burras

Notas:
Gh= sonido J
S= Seseo

Como xurden os alcumes:

Os alcumes xurden sempre nun grupo reducido para despois, polo uso, impoñerse sobre o nome oficial ou legal.
Algúns aparecen xa na infancia, incluso no propio seo familiar, sendo os máis achegados, case sempre os irmáns os que llos poñen, na escola, os amigos cos que comparte xogos e travesuras, os veciños de máis idade. Xa na adolescencia e na xuventude o alcume pode perderse ou aparecer por primeira vez.
“Coñesín unha familia aquí en Santiagho, os irmáns poñíanse alcumes uns a outros e chamábanllos na casa. Á hora de comer sempre pelexaban por culpa deso”. (C.M.L., Vedra, A Coruña).
“Nos poníamos motes, mi hermano el mayor era el que los inventaba, pero papá no quería que nos llamáramos por los motes porque después nos quedaban”. (P.B.M., Pontedeume, A Coruña).
“Nas familias numerosas, ás veces, os irmáns poñíanlle alcumes uns ós outros e despois quedábanlle”. (M.C., Vedra, A Coruña).
Na escola e nos lugares de traballo, onde se xunta moita xente, é dicir alí onde os casos de homonimia son frecuentes, tamén abondan os alcumes.
“Nas empresas onde hai moitos traballadores, pouco a pouco, vanse poñendo alcumes pola forma de ser ou de traballar e logo acaban todos chamándolle”. (J.M.V., Ames, A Coruña).
Efectivamente, algúns alcumes xurden espontaneamente da necesidade de identificar a un determinado suxeito frente ós outros, non teñen, polo tanto, unha intención pexorativa. Acontece cos que teñen a súa orixe nos oficios, na procedencia, nos antropónimos familiares ou nas actividades comerciais.
“En tódalas casa había algún e aínda había quen tiña dous ou máis”. (M.B.D.R.., Villestro, Santiago de Compostela).
“Agora hai menos relación entre os veciños, non se coñecen uns ós outros e por iso non se poñen alcumes”. (C.S.G., Santiago de Compostela, A Coruña).
“Os alcumes xurden do trato prolongado e das relacións cos veciños”. (Varios informantes).
Algúns individuos son máis propensos á creación e ó emprego dos alcumes que outros.
“Cando tiñamos trece ou catorce anos, ó saír da escola, xogabamos a poñernos nunha rúa, debaixo dos soportais, a poñerlle nomes ás persoas que pasaban, polo seu aspecto físico, a maneira de andar ou calquera outra cousa que nos chamaba a atención”. (M.M., Santiago de Compostela, A Coruña).
“Miña nai tiña moito costume de poñerlle alcumes á xente, pero eran alcumes simpáticos, non ofensivos. Tiña moita gracia para iso e ás veciñas facíalles gracia. Despois tamén elas lle chamaban e acababa quedándolle”. (M.C., Vedra, A Coruña).
“Sempre me gustou inventar alcumes. Miraba para a persoa e xa se me ocurría algún. Debino herdar, porque a miña nai pasáballe o mesmo”. (M.C., Vedra, A Coruña).
“A muller de meu primo nunca falaba das veciñas se non era polo alcume. Chamábanos moito a atención porque na nosa familia non era costume”. (M.C., Vedra, A Coruña).
Os alcumes ás veces son herdados, outras veces “contaxian” a outros membros da familia. Unha mesma persoa pode ter máis dun alcume cando algún resgo físico ou algunha particularidade do seu comportamento resultan chamativos para os demais. Afectan por igual a tódalas clases sociais.
“Nas clases altas tamén se poñían alcumes, pero había máis coidado de non empregalos en público para que o interesado non se enterara”. (Varios informantes).
Outros créanse a partires de defectos físicos, da maneira de ser, costumes ou de anécdotas protagonizadas polos interesados.
Os alcumes son tamén unha manifestación da creatividade popular e algúns dos recollidos son autenticamente inxeniosos.
“Había alghunhas persoas que tiñan moita chispa para poñer alcumes”. (C.M.L., Vedra, A Coruña).
“Nos portos de mar, todos tiñan alcumes”. (Varios informantes)
[1].
[1] Esta idea expresada maioritariamente polos nosos informantes non se corresponde coa realidade, pois moitos dos recollidos corresponden a pobos do interior (Ordes, Carballo, As Neves, Monforte...). Outro tanto acontece no conxunto da Península, pois en Castilla, Extremadura, A Mancha ou o norte de Andalucía o emprego de alcumes é tan frecuente como en Galicia e así o poidemos comprobar a traverso dalgunhas recopilacións ás que tivemos acceso.