miércoles, 29 de julio de 2009

Os alcumes en Galicia

Los seudónimos y los motes son más verdaderos que los nombres legales, ya que apenas hay cosa legal que sea verdadera, y la que verdadera resulte será a pesar de su legalidad, jamás a merced de ella.
(Miguel de Unamuno: "Amor y Pedagogía")

Cicais os nosos paisanos sen ter plena conciencia dilo pensaban o mesmo que Unamuno, xa que en Galicia o costume de chamarlle a alguén polo alcume ou "de mal nome" era frecuente, sobre todo no medio rural ou mariñeiro, nos barrios periféricos das vilas e cidades e noutros lugares onde convivían grupos numerosos de persoas (centros escolares, fábricas, mercados, etc.).
Algunhas aldeas, parroquias ou barrios eran máis propensos que outros a designar ós seus veciños con alcumes e, incluso, a presumir deste costume como se aprecia na copla seguinte:
Santa Marta tiene lo que no tiene
Santiago de Compostela entero
la casa de la “Pichona”
y el hórreo del “Paxarelo”.
Noutras localidades nas que abondan os alcumes de carácter familiar, é dicir aqueles que afectan a tódolos membros dunha mesma familia, considerada esta no seu sentido extenso, e que se transmiten de xeración en xeración, como acontece no caso de Noia por exemplo, os seus habitantes prefiren gardalos en segredo, tal como acontecía cos saberes artesanais na Idade Media.

No hay comentarios:

Publicar un comentario